miércoles, 4 de febrero de 2009

Surcos de alborada: Ano novo

O ano 2008 foi un ano xenial, un ano coma os demais, cheo de bos momentos e tamén de situacións amargas. Inda que foi bo, témonos que despedirnos del coma de calquera outro ano, pois chamando a porta chega o 2009, un ano que espero que, polo menos, sexa tan bo coma este.
Ao longo do 2008 pasáronme moitas cousas: coa familia, cos amigos e, en xeral, con toda a xente que está o meu redor. O mellor do ano… non sei dicilo, cada dia e una aventura nova, una aventura que tes que dirixir ti, porque ti eres o único capaz de tomar as decisións máis importantes, para facelo, necesitarás o apollo das persoas que te queren, como a familia, os amigos… e incrible pararse a cavilar en que todas as persoas do mundo teñen a sua propia vida vida e que, a cada un deles ocorrele algo máxico en cada momento; amizade, amor, soidade, amargura… sen duda e impresionante.
Conforme imos crecendo temos que apreciar as cousas verdadeiramente importantes da vida, non é o diñeiro, nin os regalos; as veces, o mellor momento podes pasalo co ser o que queres, tanto pode ser humano ou non, cando acaricias un can e este devólvete o xesto cunha lambetada estas intercambiando sentimentos con él, estás disfrutando, e en iso e no que reside a verdadeira felicidade.
No mundo, non todo e paz e armonía, hai guerras despiadadas e sanguentas, pero tamén hai pequenas batallas que libramos todos dia a día, como por exemplo ir ao colexio. Tamén (afortunadamente) temos descansos coma as vacacións.
A finais do 2008 como de calquera outro ano, chegan unas festas que unen a familia e fan dar o mellor de nos mesmos, estas festas son as navidades. Agasallos, turrón, champán e moita festan son características deste tempo, inda que, se o pensas, hai moita xente do mundo que daría o que fora por poder levarse algo a boca, ou o que e máis importante, ser libre.
Malia que o ano e longo, as veces faise moi curto, e outras, o tempo transcorre a cámara lenta. Ainda que o pasemos mal, temos que superalo, e se o pasamos ben disfrutalo. E é que parece sinxelo máis non o é, contar o teu ano en 365 palabras.
4 Ángel Barrera

No hay comentarios: