sábado, 1 de noviembre de 2008

Samaín 2008





O SAMAIN



A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos difuntos, marcando a transición do outono ao inverno. Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, cunha preocupación natural polos queridos difuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos para os parentes mortos sería posible que as ánimas dos parentes mortos voltasen a visitar ás súas familias e ás súas casas para comer nas mesas.





Estacións do ano Celta

Hai aproximadamente 2.600 anos cHegaron a Galicia os pobos celtas. E, ademais dos seus adiantos científicos e técnicos como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais, festas que se repartían tendo en conta a súa natureza e significado orixinal:
· Imbloc: 1 de febreiro, cristianizada posteriormente, era para quentarse ao carón do lume da lareira.
· Beltaín: 1 de maio, coincidía co comezo do verán.
· Lugnasad: 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos.
· E o Samaín: 1 de novembro, que sería o comezo do inverno, a estación sombría.

Orixe do Samaín

A antiga festividade céltica do samaín foi habitualmente descrita como unha comunión cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes frotando pólas de herbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Polo Samaín era costume baleirar nabos de grande tamaño
– e posteriormente cabazas – para poñerlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición – que se mantén aínda en Galicia – ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX.


a Equipo de Radio Furoca

No hay comentarios: