viernes, 25 de abril de 2008

Arteixo conquista o escenario




















O grupo Relúa do noso Insti de Pastoriza

foi o gañador do IX certamen "A mocidade coa nosa lingua"

no que participaron decenas de centros escolares da provincia.

Felicidade.
Canción gañadora
Esta historia foi contada
por unha meiga que choraba
mirando cara ao norte.

Ela viña dende lonxe
camiñando sen mirar atrás
cara ao horizonte sur.

Dos feitizos e dos montes
dos dous mares que se ven
dende a terra da fin do mundo
de onde vén.

Adeus ríos, adeus fontes,
adeus regatos pequenos,
adeus terra dos meus soños,
non sei cando nos veremos.

E xa nunca morrerá,
ela nunca olvidará

Oh, oh , na na na na na no

Esta meiga abandonara
unha terra de montañas
e o verde que a viu nacer

Entre néboas e regatos,
lendas contos e meigallos,
deixaba atrás a Galiza
que a viu crecer.




No hay comentarios: